Cantas panxoliñas? Se tes un Android, pídete ser quen toque a botella de anís

Odiadas por uns e cantadas até a saciedade por outros: así son as panxoliñas, que volven cada Nadal (en realidade cada novembro…) e déixanse ver até pasado o día de Reis. Se sodes desas persoas ás que lles gustan estas cancionciñas de Nadal, tocar a botella de anís e tedes un Android xa non teredes que facer o esforzo de rematar a botella. Bastará con que instaledes a aplicación MonoMusic.
Que o nome non leve a engano… non se trata dun “Mono DJ”, senón dunha aplicación coa que poderemos reproducir ese son que caracteriza á tocar a botella de anís, pero pasando o dedo. Doado, non?
Podedes instalar a aplicación desde o Android Market. Ah, e é gratuita!

Sobre o autor

Reply