TradutorGalego: traduce textos do galego a varias linguas (e viceversa)

É un orgullo para nós poder falar de iniciativas Android made in Galiza, e desde logo temos a sorte de que cada vez son máis e mellores, se cadra porque temos unha boa canteira de desarrolladores que miran polo sistema operativo de Google.
Xa falamos neste blogue de ConxuGalego e DicionarioGalego, unha aplicación para conxugar correctamente os verbos en galego e un dicionario da nosa lingua. Dos mesmos creadores chega agora TradutorGalego, que vén a ser a peza que faltaba no que ten a ver con aplicacións relacionadas coa nosa lingua.
Grazas a ela poderemos traducir textos do galego ao español, catalán, inglés e francés (e viceversa, claro) dun xeito bastante sinxelo.
Á hora de introducir o texto que queremos traducir debemos ter en conta unha pequena limitación, e é que temos un máximo de 2500 caracteres por tradución.
TradutorGalego dispón ademais de modo ditado. Quere dicir isto que se non queremos teclear o texto a traducir podemos ditarllo, aforrando tempo e esforzo. Cómodo, non?
O mesmo que ConxuGalego e DicionarioGalego, TradutorGalego é gratuíta e pódesde descargar desde o Android Market para todas as versións de Android superiores á 2.0.
Así mesmo, podedes achar máis información sobre esta iniciativa en GalApps.es.

Sobre o autor

No Responses

Reply