A Vodafone Smart Tab 7 chega esta mesma semana

Xa polo mes de setembro tivemos rumores de que Vodafone estaría traballando nunha tablet para comercializar baixo a súa propia marca, mais agora as novas se confirman e sabemos que esta mesma semana poderemos facernos coa primeira delas, a de 7 polgadas.
Entre as súas características destaca a pantalla de 7 polgadas, o procesador (un Snapdragon dobre núcleo a 1,2 GHz), unha memoria RAM de 1 GB ou que conta con Android Honeycomb (3.2). Dispón de 16 GB de almacenamento interno, ampliábel con tarxetas microSD até 32 GB extra.
En canto a prezos, poderase adquirir desde 0 € para contratos con permanencia ou por 269 € para adquirila sen compromisos ou tamén en modalidade de cartón prepago.
As opcións con permanencia permiten collela a 0 € (Internet Contigo Oro), 69 € (Internet Contigo Ilimitado), 119 € (Internet contigo Express), 169 € (Internet Contigo 1 GB) ou 219 € (Internet Contigo 15). Todas elas cun compromiso de permanencia de 24 meses.

Sobre o autor

Reply