Jaxtr: envía sms de balde a todo o mundo

Hai algúns anos o típico do Nadal era enviar sms para felicitar as festas… que si, que era moi divertido recibir nun día 20.. 30… sms, pero se respondías a todos eles as sorpresas na factura eran considerábeis. Pouco a pouco foise reducindo o uso das sms como método para felicitar as festas, pasando a usar alternativas como Whatsapp ou o correo electrónico.
Pero como sempre temos contactos que non dispoñen desas ferramentas, este ano podemos enviarlles sms sen gastar nin un duro grazas a Jaxtr. Dicimos as festas, pero poderémola seguir usando despois, ollo!
Jaxtr é unha aplicación que previo rexistro (gratuíto) permite enviar sms a calquera móbil do mundo. Sen máis. Sen límites. E directamente desde a axenda do teu terminal. Funciona, como podes imaxinar, a través da rede de datos (tanto WiFi como datos móbiles).
A aplicación é gratuíta e podémola atopar no Android Market

Sobre o autor

Reply