Tiendeo: consulta os catálogos das tendas do teu arredor sen saír da casa

Cada día resulta máis complicado facer a compra, e tampouco é que estén as cousas como para andar tirando os cartos, así que hoxe queremos falarvos dunha aplicación coa que poderemos aforrar uns pesos comparando catálogos e descubrindo ofertas.
A aplicación en cuestión chámase Tiendeo, e funciona baseándose na nosa xeolocalización (ou incluíndo unha poboación manualmente) para amosarnos os catálogos dos principais supermercados e establecementos que hai ao noso arredor e que poderemos consultar por categorías. Así mesmo, poderemos consultar ofertas e gardar información que atopemos neles para usala máis tarde, algo moi cómodo se temoos pensado facer a compra noutro momento.

Hai moitas tendas incluídas nas bases de datos de catálogos (Carrefour, Lidl, MediaMarkt, Worten, Gadis, Froiz, Zara…) e, ademais de poder ver a súa situación nun mapa tamén poderemos consultar os horarios de apertura  e outros datos de contacto.
A aplicación é gratuíta, e pódese instalar desde o Android Market  en calquera dispositivo con versións 2.2 ou superior.
Para máis información, botádelle un ollo ao seu web.

Sobre o autor

Reply