Comproba se os teus décimos (ou participacións) están premiados

Quen máis, quen menos, case todos xogámonos algo no sorteo da Lotaría de Nadal, xa que sempre vai caendo algunha participación ou similar.
Para comprobar se resultaches afortunada/o, podes consultar a aplicación oficial da lotaría de Nadal, La Fábrica de Sueños. É certo que a aplicación permite facer outras cousas, como “construír” soños, é dicir, poñer cousas que nos gustaría facer (os nosos soños) e compartilos a través de redes sociais.
Sen embargo, de seguro que a funcionalidade máis interesante vos resultará no día de hoxe é a de consultar os números para ver se fomos premiados.
Podedes atopar a aplicación no Android Market para a súa descarga e instalación.

Sobre o autor

Reply