Protexe aos teus pequenos de contidos pouco axeitados con Vodafone SafetyNet

De cando en vez chéganos algunha consulta de pais que preguntan por ferramentas axeitadas para nenos e adolescentes, xa que estes cada vez teñen un acceso máis prematuro ás novas tecnoloxías.
No caso de estar a buscar unha aplicación que protexa aos nenos de acceder desde o seu terminal a certos contidos, Vodafone SafetyNet pode ser unha boa solución.
Entre as principais funcións destaca a posibilidade de bloquear as chamadas a certos números de teléfono, o bloqueo de mensaxes sms/mms, o bloqueo de aplicacións concretas (WiFi, cámara, navegador…), establecer o funcionamento das diferentes funcionalidades por horarios… vamos que o administrador da aplicación (a persoa que teña a clave) tería un control case que total do terminal.
Os intentos de cambiar algo no funcionamento da aplicación son notificados aos pais (administradores) a través dunha mensaxe sms, así como tamén se o pícaro inicializa unha chamada de emerxencia. Iso si, as chamadas aos números de protección do menor non quedan rexistradas no terminal.
A aplicación é gratuíta e pódesde descargar desde o Android Market para todos os dispositivos Android de Vodafone.
Que vos parecen este tipo de ferramentas? Sodes partidarios do seu uso ou pensades que se deben explorar outras alternativas?

Sobre o autor

Reply