Parece que o sabor a Ice Cream Sandwich xa non é algo que chega só ás aplicacións de Google e un dos servizos máis destacados de almacenaxe na nube, Dropbox, vén de sumarse a esa moda.
Así pois, Dropbox recibe unha actualización na que apenas se renovan as funcionalidades, aínda que si hai unha actualización no que ten a ver coa interface, totalmente redeseñada. Entre as novidades máis técnicas, dicir que se corrixiron os bugs detectados, engadíronse os favoritos, subas múltiples, a posibilidade de edición de nomes de arquivos…
Podedes atopar esta actualización no Android Market, e se non tedes unha conta pode que sexa o momento de facela. Se usades esta ligazón, gañaredes ademais dos 2 GB gratuítos de serie outros 250 MB extra.