Chegan dous Dual SIM da man de Samsung

Non hai moito falamos de LG e de como pouco a pouco os grandes fabricantes vanse apuntando ao Dual SIM, non como algo xenérico para todos os terminais pero si para parte da súa gama.
Hoxe toca que falemos de Samsung, que vén de presentar dous terminais de gama media que cumpren esta característica peculiar de contar con espazo para dúas tarxetas SIM: son o Galaxy Y DUOS e o Galaxy Y Pro DUOS.
O primeiro deles, o Galaxy Y DUOS, conta con pantalla de 3,14 polgadas, procesador de 832 MHz e batería de 1300 mAh. Pola súa banda, o Galaxy Y Pro DUOS dispón de teclado completo qwerty na propia parte frontal. Neste caso, a pantalla redúcese até as 2,6 polgadas, dispón de dobre cámara e unha batería de 1350 mAh. Ambos os dous correrán unha das últimas versións de Gingerbread (2.3).
En canto á súa dispoñibilidade, espérase que vaian chegando ao mercado nos primeiros meses do ano que vén.

Sobre o autor

Reply