URXENTE: Google merca a sección de telefonía móbil de Apple por 500.000 millóns de dólares



[Actualización 23:57] Por se había alguén que quedara con dúbidas, esta nova é completamente falsa. Trátase dunha brincadeira polo día que é hoxe. Graciñas por tomalo con humor 🙂

Google vén de facer o maior movemento empresarial de toda a súa historia ao anunciar a adquisición de Apple Mobile, a sección adicada a desarrollo móbil de Apple – a encargada entre outras cousas do desarrollo do iPhone/iPad – por algo máis de 500.000 millóns de dólares (uns 385.000 millóns de euros).

Con este movemento, a compañía do buscador e responsábel de Android pretende poñer fin á guerra de patentes, que este ano viviu algúns dos seus episodios máis vergoñentos e que, segundo afirman desde Google, non fai máis que entorpecer os avances tecnolóxicos.

E é que como xa temos falado moitas veces no blogue, Apple e Google mantiñan unha tensa guerra polo tema das patentes, que levou a Google a tomar varias decisións importantes durante este 2011, como a compra da sección móbil de Motorola que anunciamos  o pasado 15 de agosto. Con este movemento Google pretendía, ademais de dispór dunha fábrica de hardware, facerse coas numerosas patentes sobre telefonía móbil que tiña Motorola e protexer así ao sistema operativo Android.

Sen embargo, a compra de Motorola non calmou a Apple, que seguiu insistindo na guerra xudicial contra Google e fabricantes que usan Android, como Samsung ou HTC. Isto levou a que desde Google estudasen unha complexa estratexia para facerse coa sección móbil da compañía da mazá, responsábel da maior parte do desarrollo do iPhone e do iPad.

Neste sentido semella que a morte de Steve Jobs facilitoulle as cousas a Google, xa que había tempo que xente con moito peso dentro de Apple (como o seu cofundador Steve Wozniac), amosara o seu interese polo camiño que estaba a levar Google con Android e polos produtos vencellados a este. Semella pois que a foto de Steve Wozniac saíndo de Google cun Galaxy Nexus non foi produto da casualidade, senón unha demostración de que algo se estaba a mover entre as dúas compañías.

Que vai pasar agora?

Semella complicado predicir que vai acontecer agora co desarrollo dos produtos de mobilidade de Apple e o certo é que Google non avanzou moita información ao respecto.

Polo de agora sábese que a intención é manter as denominacións iPhone e iPad, por ser marcas ben consideradas no mercado e cunha boa proxección desde un punto de vista económico-empresarial.

En canto a que pasará con iOS o obxetivo de Google é manter a interface deste nos produtos con denominación (polo de agora) iPhone/iPad, pero tendo como base a versión de Android correspondente. É dicir, sería algo semellante ao que acontece coas capas de personalización que empregan os fabricantes (por exemplo o Sense de HTC), pero contando ademais con características orientadas a traballar cos produtos de Apple (Mac).

Quedaría por resolverse unha grande incógnita: saber se os vindeiros dispositivos comercializados baixo a marca iPhone/iPad serán tratados como unha marca máis que emprega Android nos seus produtos ou se, polo contrario, Google os adopta como segunda liña de dispositivos pure Google, é dicir, mantendo a liña de traballo actual, Nexus, e unha nova, iPhone/iPad.

Sexa como fór, froito deste anuncio, Google vén de paralizar o desarrollo do iPhone 5 e iPad 3 até concretar como vai ser a integración software de Android.

Máis información

Sobre o autor

3 Comments

  1. Anonymous 28 Decembro, 2011 Responder
  2. riscogz 28 Decembro, 2011 Responder
  3. Sebastián Barbeito 29 Decembro, 2011 Responder

Reply