Samsung estuda actualizar os Galaxy S a un Gingerbread con funcionalidades de ICS

Xa avanzamos hai uns días a listaxe definitiva de terminais que Samsung ten pensado actualizar a Ice Cream Sandwich, listaxe na que non estaba incluído o Galaxy S, un dos terminais que mellor lle funcionaron – e está a funcionar – á compañía coreana.
Os cambios que se producen agora non implican que Samsung tomara outra decisión e vaia implementar a ansiada actualización a Android 4.0, senón que vai estudar actualizar os Galaxy S a unha versión avanzada de Gingerbread que inclúa funcionalidades de Ice Cream Sandwich, aínda que de xeito descafeinado.
Estaremos atentos a novidades neste tema.

Sobre o autor

Reply