Xa temos falado algunha vez no blogue de aplicacións das compañías aéreas, coma a de Iberia, que permiten levar a cabo unha a meirande parte das operacións que permiten facer tamén desde a web.
A última compañía en apuntarse á moda das aplicacións para voar é Vueling, que acaba de anunciar na súa conta de Twitter que entra no Android Market cunha ferramenta que nos permitirá levar a cabo as seguintes operacións:
- Consulta de horarios e reserva de voos.
- Facer check-in e levar a nosa tarxeta de embarque no móbil, sen ter que imprimir (sempre e cando o aeroporto de saída dispoña de tecnoloxía á entrada).
- Facer cambios na reserva (data, hora).
- Localizar os aeroportos máis próximos
- Servizos de atención ao cliente.
Vamos, que se sodes dos que viaxan frecuentemente ou tedes algunha viaxe organizada con esta compañía é unha aplicación must install.
Podedes facervos con ela no Android Market. É gratuíta e pódese instalar nos dispostivos 2.1 e superior.