Sony confirma a actualización a ICS para a súa tablet S

Sony confirmou través do seu foro oficial, que actualizará a súa Tablet S a Ice Cream Sandwich, aínda que sen dar información sobre posíbeis datas, algo que os usuarios sempre estamos desexando saber.

O escueto comunicado fala da Sony Tablet e aínda que puidera parecer unha denominación inclusiva para as dúas tablets de Sony (S e P), o certo é que esa denominación, Sony Tablet, é a que vén usando Sony para referirse unicamente á S. Polo tanto, a incógnica sobre a posíbel actualización a Android 4.0 da P segue no aire.

Sobre o autor

Reply