Tras dous días nos que estivo a enquisa aberta, podemos ter unha cousa clara: este foi o ano da xigante coreana Samsung. Case o 90% dos votos foron repartidos entre dous dos seus buques insignia, o Samsung Galaxy S II e o Samsung Galaxy Nexus. Dos dous, finalmente foi o SGS II o que levou un maior número de votos, quizáis porque chegou a máis usuarios xa que foi lanzado meses antes que o Galaxy Nexus.Outra conclusión que podemos quitar dos resultados, é o pouco peso que teñen os HTC no mercado. Teléfonos de altas prestacións pero que non rematan de convencer ao usuario final.
Damos por rematada así a primeira enquisa que facemos en Mallando no Android. Gracias a todos os que colaborastes e atentos porque virán máis.