Segundo concurso de Mallando no Android (Fase 1)

Como sabemos que fostes bos o ano pasado, desde Mallando no Android queremos ter un pequeno detalle convosco. En realidade un non, senón tres agasallos, todos iguais, e que sorteramos entre as e os seguidores do blogue nas redes sociais. Polo de agora non vos imos dicir o premio, pero si que vos imos dar unha oportunidade para aumentar as probabilidadades de gañar.
Como podedes ler no título desta entrada, esta é a Fase 1 do concurso. É obvio que vai haber máis, exactamente unha máis, a Fase 2, que daremos a coñecer o vindeiro luns 16 de xaneiro.
Nesta Fase 1 só poden participar todas e todos os seguidores actuais de Mallando no Android en Twitter (@mallandroid), sexan perfís persoais ou de empresa. É dicir, as e os novos seguidores desde o momento de publicación desta entrada tamén terán oportunidade de gañar o premio, pero só poderán participar na Fase 2, que daremos a coñecer o vindeiro luns 16.
En que consiste a Fase 1? 
Pois nalgo moi sinxelo: as e os seguidores actuais conseguiredes 1 participación extra por cada novo seguidor en Twitter que digan que coñeceron a @mallandroid grazas a vós. Repetimos para que quede claro, porque isto último é moi importante: non chega con que se fagan seguidores, senón que teñen que dicir que se fixeron seguidores grazas a vós.
Por exemplo, se vós sodes @fulanito, a xente que comece a seguir a @mallandroid grazas a vós debe poñer un tweet que inclúa mención a @mallandroid e a vós (@fulanito), xa que é o único xeito de contabilizar as vosas participacións. Como exemplo de tweet que a/o nova/o seguidor debe poñer, deixámosvos o seguinte exemplo:
Comecei a seguir a @mallandroid, o blogue galego de Android, grazas á recomendación de @fulanito

Xa sabedes, 1 novo follower = 1 participación para vós. Así que espabilade, tedes até o vindeiro domingo 15 ás 23.59 h para conseguir estas participacións extra!

Sobre o autor

Reply