Asus Transformer Prime e Asus Memo presentados oficialmente no CES

Asus vén de presentar hoxe en sociedade un coñecido: o Asus Transformer Prime, a evolución da súa tablet Eee Pad Transformer, e un dispositivo do que vimos falando moito ultimamente no noso blogue.

Trátase da primeira tablet en contar con procesador de dobre núcleo NVIDIA Tegra 3 e será tamén unha das primeiras en actualizarse a Ice Cream Sandwich. Dispón dunha pantalla de 10 polgadas con Super IPS+, unha tecnoloxía que lle outorga un ángolo de visión de 178º.
Asus Memo Series
Noutra liña de produtos, Asus presentou unha nova tablet de tamaño reducido. Trátase da Memo Series, un dispositivo de 7 polgadas e conectividade 3G (ademais de WiFi, por suposto). Venderase cun lápis óptico para facilitar levar a cabo algunhas opcións vencelladas a tomar notas ou facer debuxos.

Sobre o autor

Reply