Sony presenta o primeiro smartphone da súa nova era, o Xperia S

Como sabedes, hai uns meses Sony fíxose coa sección móbil de Ericsson, polo que a unión Sony Ericsson da que tantos anos levamos falando no mundo da telefonía móbil ten os días contados e a partires de agora teremos que acostumarnos a falar unicamente de Sony.
Esta madrugada presentouse no CES de Las Vegas o novo terminal desta nova era de Sony, o Xperia S, un dispositivo de gama alta que conta cun coidado deseño en tons negras e grandes cualidades no seu interior.
Destacan as seguintes características:
  • Procesador de 1,5 MHz de Qualcomm.
  • Pantalla de 4,3 polgadas con Mobile BRAVIA Engine e resoluión HD 1280×720.
  • 32 GB de almacenamento interno.
  • Tecnoloxía NFC.
  • Dobre cámara, traseira de 12 MP con barrido panorámico en 3D e frontal de 1,3 MP.
  • Batería de 1750 mAh

O Xperia S comercializarase a nível mundial durante o primeiro trimestre deste ano e sairá con Gingerbread (2.3), aínda que se actualizará a Ice Cream Sandwich durante o segundo trimestre do ano.
Outros terminais para outros mercados
Ademais do citado Xperia S, Sony presentou outros terminais orientados aos mercados estadounidense e xaponés. Así, o Xperia ION, é un terminal LTE (4G) que se distribuirá en exclusiva co operador americano AT&T.

Para o mercado xaponés lánzanse o Xperia Acro HD (unha evolución do Acro), que dispón de características moi demandadas no mercado xaponés (televisión, transferencia de datos por infravermello, carteira móbil…) e o Xperia NX, a variante do Xperia S para ese mercado.

Sobre o autor

Reply