LG, Sony, Samsung, Lenovo e Vizio apostan por levar Android á nosa televisión

Cada vez máis, o CES está pensado para presentar cousas máis orientadas a electrónica de consumo o o MWC a smartphones e tablets. E sen dúbida, o CES 2012 quedará como a feira da televisión conectada.
E é que esta ano a feira de Las Vegas serviu de trampolín para relanzar Google TV, un proxecto que xa estaba aí pero que desgrazadamente non contaba con moita vida, en parte porque nin Google sabía moi ben que facer con el e tamén en parte por non terse rodeado de empresas líderes do sector.
Mais nunca é tarde para corrixir os erros e agora relánzase o proxecto da man dos máis grandes (entre outros) fabricantes de televisións: LG, Sony, Samsung, Lenovo e Vizio.
LG
LG presentou a súa primeira televisión con Android, un aparello que conta con tecnoloxía 3D e caracteristicas herdadas da Smart TV de LG. Neste sentido, LG é na actualidade o mellor fabricante neste tipo de tecnoloxías, polo que é un dos mellores avais para o proxecto da televisión de Google.
O aparello presentado polo fabricante surcoreano conta co mando Magic Remote, que recoñece a voz do usuario e outros xestos para facer máis doada a navegación por Internet.
Sony
Pola súa banda, Sony tamén quere levar Android aos nosos televisores, aínda que de xeito diferente. De feito, non presentou ningunha televisión con Android, pero si dous aparellos que convertirán calquera tele nunha televesión Android: trátase dun reprodutor bluray e dun streamer (un aparello para dotar de funcións avanzadas e conexión a Internet á televisión). Ambos contan con Honeycomb. Non se mencionou unha hipotética actualización a ICS, pero en vista do que van facer outros fabricantes imaxinamos que si.
No mando a distancia, Sony aposta pola miniaturización, cun dispositivo que conta cun teclado deslizante e que evita que teñamos no salón un teclado. O certo é que é unha boa idea, non credes?
Lenovo
A empresa chinesa Lenovo presentou onte o seu televisior Smart TV K91, un aparello de nada menos ca 55 polgadas (tamén haberá unha versión de 42) e que conta con Ice Cream Sandwich de serie.
A televisión de Lenovo compleméntase cunha webcam de 5 megapíxeles, que permite levar a cabo accións de recoñecemento facial e control parental. Así mesmo, dispón dun micrófono para instrucións de voz, dun servizo de nube para poder compartir arquivos con outros dispositivos Lenovo e reprodución de contidos en 3D.VizioVizio, ao igual ca Sony, aposta tamén polos streamers e reprodutores bluray para levar a Google TV a todas as televisións. Os seus aparellos están baseados en Honeycomb 3.1 e unha interface personalizada en parte polo fabricante, Vizio Internet Apps Plus.

Vizio asegura que o entretemento está asegurado, xa que conta con aplicacións específicas para poder disfrutar dos contidos de Hulu e Netfix e á vez de redes sociais ou as aplicacións que queiramos. A caixa (ou o bluray) complétase cun mando a distancia e un pequeno teclado, que aseguran pode funcionar a uns 9 metros de distancia e conéctase por Bluetooth.

De Samsung non podemos avanzar datos concretos de como será a integración de Google TV cos seus aparellos presentados, porque non nos chegou a información.
Que vos parecen estes novos produtos? Considerades que levar Android ao televisor é o futuro?

Sobre o autor

Reply