Sony SmartWatch, o complemento perfecto para a gama Xperia

Sony Ericsson viña facendo uns produtos de moi coidado deseño e cunhas prestacións moi avanzadas, como o Xperia Arc S, que analizamos non hai moito. Mais parece que a unificación dos seus produtos móbiles baixo a marca Sony sentoulle aínda mellor, algo que vimos co lanzamento que anunciamos onte do Xperia S.
Para complementar estes produtos, Sony lanza tamén un gadget auxiliar, o SmartWatch, algo máis ca un reloxo de pulseira. Vexamos o vídeo:
Este dispositivo conéctase ao noso Android a través de Bluetooth e consegue que teñamos as notificacións no pulso: actualizacións de Twitter, Facebook, sms ou correos electrónicos…
Mais non só iso, o SmartWatch tamén ten características propias para facer deporte, como cronómetro ou contador de quilómetros para que saibamos exactamente canto exercicio estamos a facer.
Polo de agora non podemos saber cando estará no mercado, pero si que o seu prezo rondará os 150 €. Pagaríades por algo así?

Sobre o autor

Reply