Vimeo xa conta con aplicación para Android

Para moitos, Vimeo é o lugar no que atopamos os vídeos de maior calidade e YouTube un sitio para calquera que se prece a pasar por aló. Sexa como sexa, por fin hai aplicación oficial para Android deste servizo de vídeo na nube e o certo é que moi completa.
Nela poderemos ver unha chea de vídeos, tanto os que busquemos en tempo real como os que teñamos no noso buzón, na cola de “ver máis tarde” ou marcados porque nos gustaron.
Pero o mellor de todo é que poderemos subir o noso propio contido, cun xestor que nos permitirá pausar as nosas subas (imaxinade que estades subindo por WiFi e marchades da casa: pausades e evitades seguir consumindo datos da vosa conexión móbil), e o mellor de todo: poderemos editar títulos, descrición, etiquetas, privacidade e os créditos.
A súa interface é moi limpa para facilitar a usabilidade e dispón de conexión para poder compartir os vídeos nas nosas redes sociais ou a través do correo electrónico.
Vimeo é unha aplicación gratuíta e está dispoñíbel no Android Market para Gingerbread (2.3) e superiores.

Sobre o autor

Reply