iDépor, a aplicación que todo seareiro do Dépor debe instalar

Se sodes seareir@s do Dépor, hai unha aplicación que non pode faltar nos vosos androides, iDépor.
Trátase dunha ferramenta moi sinxela que fai posíbel coñecer en tempo real o resultado dos partidos que está xogando o equipo da Coruña, ademais de ofrecer información sobre a xornada de Liga, estadio no que se xoga o partido e futbolistas que marcaron.
No caso de que o encontro se emita en televisión, a aplicación indica tamén en que canle se pode seguir.
iDépor é unha aplicación gratuíta, dispoñíbel no Android Market para todos os androides con versións 2.1 e superior.

Sobre o autor

One Response

  1. Anonymous 18 Xaneiro, 2012 Responder

Reply