Vodafone vén de presentar, en colaboración con Qualcomm iSkoot unha aplicación pensada para ter un único feed de actualización de redes sociais, mais con certos aspectos de valor engadido. Chámase Vodafone Buzz.
Vodafone Buzz permite configurar as principais redes sociais (Twitter e Facebook) e tamén aqueles rss que nos resulten interesantes e queiramos estar ao tanto deles nada máis publiquen.
Neste sentido Buzz serve para aforrar e pasar de ter unha aplicación para facer cada cousa a unificar todo nunha. Pero ademais ten outro punto a favor: reduce notabelmente o consumo de datos. Este aspecto pode ser moi interesante para usuarios que teñen tarifas de Internet escasas en megas dispoñíbeis mensualmente.
Vodafone Buzz é unha aplicación gratuíta, que está dispoñíbel no Android Market para todos os androides con versións 2.1, sexan ou non de Vodafone.