AirDroid, controla (sen fíos) o teu Android desde o teu computador

Hoxe queremos falarvos dunha aplicación para mellorar a vosa produtividade e axudarvos cunha tarefa máis ca habitual para todos os usuarios de smartphones e tablets: a transferencia de arquivos entre os diferentes dispositivos.
Falamos de AirDroid, unha ferramenta que nos permite controlar o noso smartphone desde un equipo conectado á mesma rede WiFi (persoal, non vale unha como a da Universidade, por exemplo) de xeito rápido e sinxelo.
O funcionamento desta aplicación é moi sinxelo: unha vez instalada e tendo a WiFi do noso Android habilitado, abrimos a aplicación e esta daranos un enderezo IP, da forma http://[o que sexa] e unha clave
No noso computador conectado á mesma WiFi abrimos un navegador (dá igual cal) e introducimos a IP que nos deu a aplicación. Abrirásenos un espazo no que debemos introducir a clave facilitada pola aplicación. Feito isto abrirásenos un panel desde o que poderemos xestionar remotamente algunhas funcións do noso Androide:
Así, poderemos ler (e contestar) as mensaxes sms, xestionar as aplicacións, acceder ao Market para instalar algunha nova, transferir arquivos (por exemplo as fotos que sacamos coa cámara…) e algunha outra cousa máis.
Se queredes ver máis polo miúdo o que podemos facer con AirDroid podedes ver este vídeo (non no lo deixou insertar).
Ademais, como punto extra a maiores, esta aplicación é gratuíta e pódese instalar desde o Android Market en todos os androides con versións 2.1 e superior.

Sobre o autor

3 Comments

  1. Iago Varela Martínez 18 Xaneiro, 2012 Responder
  2. Lucía Nu 18 Xaneiro, 2012 Responder
  3. Iago Varela Martínez 18 Xaneiro, 2012 Responder

Reply