Xoga ao Monopoly agora tamén desde o teu Android

Entre os xogos de mesa habituais, un dos máis destacados é sen dúbida o Monopoly, o típico xogo consistente en facerse cun monopolio de bens inmobles e ir desplumando aos demáis xogadores.
Agora este xogo chega ao nosos androides para poder levalo aló onde queiramos e cunha sensación de xogo practicamente igual á versión de mesa: tiraremos os dados, xestionaremos as nosas propiedades, cobraremos o prezo do aluguer cando alguén caia nas nosas propiedades… iso si, como podedes imaxinar, nesta versión é máis difícil poder facer trampas 😛
Dispón de 3 níveis de dificultade no modo de xogo individual ou a posibilidade de botar unha partida multixogador cun número variábel de persoas. Está dispoñíbel no Android Market por 3,99 €.

Sobre o autor

Reply