Wikipedia: toda a enciclopedia libre agora no teu peto

Seguramente moitos de vós lembraredes enciclopedias como a Encarta e, se cadra, aínda tedes algún CD con ela pola casa. Mais hoxe en día, as respostas a (case) todo están en Internet e sen lugar a dúbidas, a Wikipedia é un dos lugares de referencia (por moitos erros que poida ter).
Agora xa é posíbel ter a Wikipedia moito máis accesíbel grazas á súa aplicación oficial, unha ferramenta que nos abre as portas aos máis de 20 millóns de artigos en máis de 280 idiomas.
Entre as súas carcaterísticas destaca, ademais da obvia mellora na facilidade de buscar desde a aplicación no canto da versión web móbil, a posibilidade de gardar artigos para ler posteriormente sen conexión, de buscar información próxima á nosa ubicación e a posibilidade de compartilos a través das redes sociais e correo electrónico.
A aplicación é gratuíta e está dispoñíbel no Android Market para todos os androides con versións 2.2 e superior.

Sobre o autor

Reply