Jotly, a aplicación para poñerlle nota a todo

Naceu como unha brincadeira, un “existen aplicacións específicas para poñerlle nota a cousas, por que non facer unha coa que poder darlla a todo”, e pese a que hai uns meses dixeran que non pasaría diso, agora parece que mudaron de idea e decidiron desarrollar a aplicación: falamos de Jotly

A idea de Jotly é que os usuarios suban á rede imaxes e que a xente a as avalíe (vamos, como as páxinas Sexy o no que tanto se popularizaron hai uns anos). Así, ao entrar na aplicación atopámonos cun timeline de imaxes, podendo seleccionar que contido queremos ver (se as máis populares, as máis próximas a nós xeograficamente…). Poderemos dicir se nos gustan as imaxes que vemos e compartilas a través de Twitter o Facebook.
Mais a idea é que nós tamén subamos as nosas fotos, e temos que ter en conta que ao publicalas estamos asumindo que estas se comparten publicamente e que calquera poderá velas (nunca está de máis recordar estas cousas). O resto de usuarios poderá valorar as nosas imaxes e á súa vez volvelas compartir.
Jotly é unha aplicación gratuíta e está dispoñíbel no Android Market para todos os androides con versións 2.2 e superior

Sobre o autor

Reply