Cando Spotify decidiu mudar as súas condicións de uso, empeorando os servizos que prestaba aos usuarios gratuítos, outras alternativas de música en streaming cobraron forza. Pero tamén xurdiron novas ferramentas alternativas, entre elas Biit, unha opción española pensada para os smartphones
E que ofrece Biit? A priori un servizo diferente, que para comezar é gratuíto. Vexamos este vídeo no que nos explican un pouco máis sobre o proxecto:
Realmente funciona como unha sorte de radio, dacordo aos nosos gustos, e non poderemos crear listaxes de reprodución ao noso xeito. Iso pode ser unha desvantaxe para uns mais tamén un xeito de coñecer novos grupos e artistas que doutro xeito pasaríannos desapercibidos.
Polo de agora a aplicación non se atopa no Android Market, porque está nunha especie de beta exclusiva para usuarios da rede social Tuenti (até o 8 de febreiro), aínda que se espera que a partires desa data estea dispoñíbel para todo o mundo. Pódese descargar desde este enlace (.apk na web do autor).