IRC Hispano, a aplicación para o chat por excelencia

Quen non empregou algunha vez os chats do IRC? As salas do IRC foron sen dúbida o primeiro “messenger” para moitas e moitos de nós, naquela época na que aínda se ía aos cibers para conectarse a Internet. Que tempos…
Mais IRC segue activo e adaptouse aos novos tempos, lanzando a súa aplicación oficial para Android, facendo que nos poidamos conectar ao chat desde calquera lugar onde teñamos acceso a Internet.
A aplicación permite empregar os nicks rexistrados (no caso de ter), ten soporte multicanle para poder andar por varias salas á vez e para os administradores ofrécelles todo o necesario para administrar e moderar a súa canle
IRC Hispano é unha aplicación gratuíta, que está dispoñíbel no Android Market para todos os androides con versións 2.1 ou superior.
Graciñas a @dinisinho por recomendarnos esta aplicación. Ao igual ca el, ti tamén podes axudarnos a descubrir novas aplicacións.

Sobre o autor

Reply