BLU Studio: un Android de boas características e baixo prezo

Ultimamente, cando falamos dos novos terminais que van saíndo, perdémonos en cifras de procesadores que van en aumento constante a cifras inimaxinábeis hai algúns meses atrás. Sen embargo, tamén falamos desa gran poboación Android, a gama media, que fai posíbel que todo o mundo poida ter un smartphone adaptado ás súas necesidades.
Hoxe queremos falarmos dun deses terminais de gama media pero que contan con características que o fan estar por riba da media, o BLU Studio.
Para comezar, non se trata dun smartphone ao uso, posto que a súa pantalla é bastante grande (5,3 polgadas), aínda que a súa resolución é de 800 x 480 pixeles. Dispón de procesador de 800 MHz (quizais sexa este o peor punto), 512 MB de RAM, cámara de 5 MP e Android 2.3 Gingerbread.
A súa batería é de 2500 mAh, maior que a dos teléfonos ao uso, aínda que tamén é lóxico tendo en conta o pantallón que ten que alimentar.
Véndese por 259 $ (uns 190 €) en Expansys

Sobre o autor

Reply