Meteogalicia lanza a súa aplicación para Android

Meteogalicia vén de engadir ao Market a súa aplicación oficial – Meteo SIX -, que permite coñecer a meteoroloxía galega dun xeito moito máis preciso, así como tamén as áreas limítrofes.
O certo é que a infomación que ofrece a aplicación é moi completa, e inclúe parámetros como o estado do ceo, a temperatura, a posibilidade de precipitación, a velocidade e dirección do vento, a cota e cantidade de neve, a humidade relativa, a cobertura nubosa ou a presión.
Tamén ofrece información completa sobre o estado da mar, indicando a altitude, período e dirección das ondas, así como tamén a temperatura e salinidade da auga.
Podemos buscar lugares concretos dos que coñecer o tempo ou deixar que a aplicación faga uso da xeolocalización.
MeteoSIX dispón dun widget co que poder ter no escritorio a información máis accesíbel. Iso si, se queremos usar esta funcionalidade deberemos ter a aplicación instalada no teléfono e non na tarxeta microSD.
MeteoSIX é gratuíta e está dispoñíbel no Android Market para todos os dispositivos.

Sobre o autor

2 Comments

  1. canselleiro 31 Xaneiro, 2012 Responder
  2. Deiby 8 Febreiro, 2012 Responder

Reply