Samsung presenta o Galaxy S Advanced

Galaxy S, Galaxy S Plus, Galaxy S II, a piques de caer o Galaxy S III (MWC?)… o sector S da familia Samsung, a de gama alta, parece que non para de medrar e agora preséntase un terminal que vén a ser unha evolución do Galaxy S (e Galaxy S Plus) pero inferior ao S II. É o Galaxy S Advanced.
Este terminal está orientado a un sector da poboación que precisa un terminal potente pero que tampouco o último, como sería o Galaxy S II. As diferenzas co seu predecesor na liña veñen na mellora das súas características técnicas, que o fan a todas luces candidato a recibir Ice Cream Sandwich (4.0).
Dispón de pantalla de 4 polgadas SuperAmoled, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 768 MB de RAM e versións de 8 ou 16 GB de memoria interna, sempre ampliábeis con microSD’s. Ten dobre cámara, sendo a principal de 5 MP e a dianteira de 1,3 MP. A batería é de 1500 mAh.
Chegará ao mercado europeo durante o mes de febreiro.

Sobre o autor

One Response

  1. Otto 31 Xaneiro, 2012 Responder

Reply