Aplicacións imprescindibles para músicos I: gStrings

Con gStrings comezamos a falar dunha serie de aplicacións que todo músico debería levar consigo. Trátase dun dos afinadores máis completos que podemos atopar no Market e está dispoñible en dúas versións: gratuíta e de pago (3.00€). A única diferencia que podemos atopar é que se optamos pola versión de pago será que non teremos anuncios e que, por suposto, estaremos colaborando co desarrollador dunha forma máis directa.
Na pantalla principal dispomos de tres botóns que nos permiten afinar unha nota que preseleccionaremos na parte superior; facer que soe esa nota para, desta maneira, ter unha referencia; e afinar calquer nota que fagamos soar.
As opcións de configuración son numerosas e variadas. Por suposto, podemos cambiar a frecuencia da nota de referencia (por convenio La a 440 Hz). Tamén permite seleccionar a sensibilidade do micrófono, de maneira que podemos afinar tanto guitarras, como clarinetes ou gaitas. Outra opción moi interesante é que nos permite cambiar a escala na que desexamos afinar (temperada, natural…)
Visualmente permite outras tantas variacións, desde cambiar a cor da pel da pantalla principal ou a representación das notas, ata seleccionar se queremos visualizar o rango de afinación de maneira lineal ou non lineal.

En resumo, é unha moi boa opción se queremos ter sempre a man un afinador, sinxelo pero á vez potente e efectivo debido ás súas amplas posibilidades de configuración. Altamente recomendable para todo músico.

Tanto a versión gratuíta como a versión de pago se atopan dipoñibles no Android Market.

Web do autor

Sobre o autor

Reply