Google Docs actualízase mellorando con servizo offline e melloras para tablets

Con todos os gadgets conectados que temos na actualidade, a edición de documentos on the go é algo que está á orde do día e quizais unha das ferramentas máis destacábeis para Android é o paquete ofimático de Google con sincronización na nube, Google Docs.
Docs vense de actualizar á versión 1.0.43 incluíndo interesantes novidades, como a posibilidade de traballar sen conexión a Internet. Isto faise seleccionando aqueles documentos que queremos ter offline, algo que agradeceremos se non temos sempre unha conexión a Internet a man.
Pero ademais esta actualización mellora a interface da versión para tablets e tamén engade algún novo efecto, como o paso de páxina tipo libro electrónico (arrastrando co dedo).
Se xa temos esta aplicación instalada, debemos ir ao Market para actualizar. Se non, pódese atopar no Android Market para todos os dispositivos con versións 2.1 e superior.

Sobre o autor

Reply