"Trucos" para liberar espazo no teu Android

Unha situación desagradábel que nos podemos atopar nalgún que outro terminal Android con memoria interna limitada é o aviso de que queda pouco espazo dispoñíbel. A priori pode asustar, pero podemos levar a cabo unha serie de pequenas accións coas que poderemos liberar espazo e seguir usando o móbil normalmente.
Mantén instaladas só aplicacións que uses

No Market hai moita aplicación gratuíta, o que nos leva a unha situación, sobre todo ao comezo, de instalar todo canto hai. Pero logo, segundo van pasando os días ou semanas co noso terminal vemos que hai aplicacións que nin tocamos.
O noso consello é que non manteñas instaladas aplicacións que non uses, porque estarán consumindo recursos (espazo, batería se se executan en segundo plano…) innecesarios.
Move aplicacións á tarxeta SD
Truco sinxelo. Froyo (2.2) introduxo a posibilidade de que os desarrolladores habilitaran a opción de permitir instalar a meirande parte das aplicacións na tarxeta microSD, polo que agora moitas delas son movíbeis, pero non todas.
Un xeito doado de detectar que aplicacións son movíbeis á tarxeta microSD é isntalar App 2 SD, que nos dará esa información e ademais permitirá que as movamos directamente (algo que tamén podemos facer desde o menú de aplicacións).
App 2 SD é unha aplicación gratuíta que está dispoñíbel no Android Market.
Borrar datos e caché de aplicacións
Finalmente, comentar que moitas aplicacións van almacenando datos que á súa vez van ocupando cada vez máis espazo na memoria dos nosos terminais.
Entrando en Axustes -> Aplicacións -> Administrar aplicacións e, dentro de aí, nas aplicacións en concreto, podemos liberar datos borrando datos e cachés.
Neste sentido, aplicacións como as das redes sociais (Google+, Facebook, Twitter…), mensaxería instanténa (Whatsapp…), navegadores e mapas… adoitan acumular moitos datos e non está de máis borrar de vez en cando.
Malia todo, se facemos iso é probábel que teñamos que volver a meter os nosos datos de usuario ou que se perda algunha configuración (por exemplo en Gmail bórrase a firma, en Twitter múdanse as preferencias sobre notificacións e en Google Maps desactívase Latitude…).
Con estes tres pequenos “trucos” poderedes volver a disfrutar do espazo perdido nos vosos androides, o que para moitos será un alivio.

Sobre o autor

Reply