Correos vén de inaugurar hai uns días as súas aplicacións móbiles con 2 ferramentas para Android: Correos Info e Correos eCard.
Correos Info permite facer o seguemento dos paquetes ou documentos que se envían a través dos servizos Correos ou Chronoexpress; bastará con que introduzamos o código (ou no seu defecto que o escaneemos coa cámara) para que nos dea a información.
Correos eCard permite enviar fotografías que saquemos co noso smartphone a calquera destino, recibíndose como unha postal tradicional. Este servizo ten un coste que a dia de hoxe está en 1,50 € para envíos nacionais, 2,50 € para Europa e Groenlandia e 2,75 € para o resto de países.
Correos Info e Correos eCard están dispoñíbeis no Android Market para Android 2.2 ou superior.