Sicroniza o teu Android con iTunes grazas a Airbind

Se existen dous obxectos tecnolóxicos que podamos atopar nun gran número de fogares de todo o mundo sen dúbida eses dous poden ser un iPod e un smartphone, e se temos en conta o número de dispositivos Android existentes no mercado e o número de vendas que estes obteñen, a posibilidade de que este segundo sexa un destes é moi grande. Se o teu caso é este o máis seguro é que terás que sincronizar de formas diferentes o que tes no teu iPod a o que tes no teu Android porque, como todos sabemos, Apple non é moi amigo de abrir as súas aplicacións a terceiros.

Airbind preséntase coma un solución completa e sinxela para solucionar este problema. Tan só temos que instalar a aplicación de Airbind no noso Mac ou PC, descargar a súa aplicación no noso Android e ter ambos conectado á mesma rede wifi, seleccionar o que queremos sincronizar e listo. Así de sinxelo. Airbind ademais conta cun gran punto ao seu favor e é que é gratuíta e está dispoñible para todos os dispositivos con Android 2.1 ou superior no Android Market. Unha boa solución para facernos o día a día máis sinxelo.

Máis información: Airbind
Vía: Genbeta

Sobre o autor

Reply