Pode que en máis dunha ocasión estivérades a piques de esnafrarvos pola rúa por ir mirando o móbil á vez que andades. Por sorte iso xa pode ser cousa do pasado, xa que con Android poderemos facer que a pantalla do noso móbil sexa transparente.
Transparent Screen emprega a cámara para ir amosando por onde pasamos mentres usamos o móbil como de costume, vendo o chan por onde pisamos a través da pantalla.
Está dispoñíbel no Android Market con anuncios, e en versión de pagamento por 1,45 € (sen publicidade). De segero que lle evita máis que un susto a moitos ao camiñar pola rúa.