Galaxy Tab 2: a evolución lóxica que veremos en primavera

Samsung está disposta a apostar fortemente polo mundo tablet. E parece que lle quedaba o resquemor de non ter unha tablet á última nun dos seus tamaños inferiores, as 7 polgadas.
Así, vén de anunciar o lanzamento dunha actualización da que fora a súa primeira tablet, que chegará ao mercado europeo en marzo (confirmado no caso do Reino Unido). É a Galaxy Tab 2.
Como comentamos, dispón de pantalla TFT de 7 polgadas. Pero ademais vén con procesador de dobre núcleo a 1 GHz, 1 GB de RAM e versións de 8, 16 e 32 GB segundo memoria interna. A súa batería é de 4000 mAh e conta con dobre cámara, de 3 MP a principal e VGA a frontal. Como sistema operativo, sairá á venda portando Ice Cream Sandwich.
Pero sen dúbida o máis rechamante é que conta con función teléfono, é dicir, poderemos meterlle unha SIM normal e empregalo como sustituto (ou complemento) do noso teléfono. Desde logo isto é ideal para quen precise traballar con ela.
Non se coñecen prezos, en cando saibamos algo ao respecto farémovolo saber.

Sobre o autor

Reply