Así é o LG 3D 2 que veremos no Mobile World Congress #mwc12

Sen lugar a dúbidas, o Optimus 3D foi un dos pratos fortes da pasada edición do Mobile World Congress. E este ano parece que LG volve con ganas de seguir na liña de sorprender con dispositivos que ofrecen algo a maiores, como é o 3D, tecnoloxía na que este fabricante é líder.
A evolución do primeiro terminal 3D de LG, o 3D 2 (CX2), terá a pinta da imaxe filtrada que podemos ver máis arriba. Pero ademais sábese que reduce dous dos seus puntos débiles: o grosor e o peso.

Así, desta vez ímonos até os 9,8 mm de grosor e redúcese en até 20 gramos o seu peso. O resto de caracteristicas aínda son unha incógnita, aínda que hai milleiros de rumores en direccións opostas. O que si parece probábel é que veña xa con Ice Cream Sandwich, aínda que tampouco podemos poñer a man no lume, xa que no pasado MWC sairon os terminais con Froyo cando xa levaba algún tempo Gingerbread no mercado.

Sobre o autor

Reply