O novo de Motorola e Intel, ao espido

Cando Intel anunciou un acordo con Motorola para incluír os seus procesadores nos terminais desta última compañía adquirida por Google, todos nos fixemos a mesma pregunta: si, pero para cando?
Pois parece que esa pregunta xa ten resposta: Mobile World Congress.
Segundo as últimas novas coñecidas, o terminal que podemos ver na fotografía que acompaña este artigo é o novo de Motorola, que contará co X86 de Intel e Android 4.0 Ice Cream Sandwich, por suposto.
Entre as súas características máis destacadas estaría o seu procesador de 1,6 GHz e a función ráfaga na cámara, coa que se poderían sacar até 15 imaxes por segundo.
Menos mal que non queda nada para o Mobile, porque se non máis de un ía chegar aló sen unllas…

Sobre o autor

Reply