Optimus Vu, a aposta de LG polos "semitablets"

Semitablets, #concepto que nos acabamos de inventar para definir eses terminais a medio camiño entre smartphones e tablets, como a Galaxy Note de Samsung ou o dispositivo agora presentado por LG, o Optimus Vu.
Con 5 polgadas de pantalla, o Optimus Vu está pensado para xente que quere un dispositivo para traballar. Dispón de procesador de 1,5 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 megapíxeles e batería de 2080 mAh. En canto ao seu deseño, resulta realmente fino, con 8,5 mm de grosor e 168 gramos de peso.
Sairá á venda en Corea no mes de marzo con Android 2.3 (Gingerbread), aínda que será actualizábel a Ice Cream Sandwich. O máis seguro é que chegue ao mercado europeo de cara o verán.

Sobre o autor

Reply