O Xperia S, o novo terminal da nova era de Sony, presentado no pasado CES, porase á venda o vindeiro 29 de febreiro na Sony Store de Barcelona, coincidindo coa celebración do Mobile World Congress.
O número de unidades dispoñíbeis serán limitadas e terán un prezo de 599 €. Ademais, Sony tamén achegará até a súa Sony Store os terminais que presente no MWC, nun xesto de achegar as novidades a toda a cidadanía.