Veremos os lentes futuristas de Google no Nadal?

Vímolos en moitas pelis, pero en breve serán unha realidade. Falamos dos lentes futuristas nos que Google está a traballar e que estes días están a levantar moita rumoroloxía por Internet. E non é para menos.
Todo parece indicar que este gadget estaría baseado en Android e contaría con funcionalidades habituais dos nosos smartphones ou tablets, como conexión inarámbica a Internet, GPS ou cámaras para poder gravar (case) o que imos vendo. Mais o punto forte destes lentes é que fará uso intensivo da realidade aumentada, algo que por outra banda era máis ca previsíbel.
Se todo vai segundo o previsto, poderían estar comercializadas en Nadal, nun rango de prezos que oscila entre os 180 e os 450 €.
Que vos parece a vós este cachibache? Estades desexando ter uns para probalos?

Sobre o autor

Reply