Filtración #mwc12: Samsung presentaría a Tab 2 e teléfonos con proxectores

A un día de que comece o Mobile World Congress saen á luz dúas novidades que Samsung presentará durante a feira, ademais dos xa confirmados Galaxy Mini 2 e Galaxy Ace 2: sería unha nova Galaxy Tab e o Galaxy Beam.
Este último sería un terminal bastante peculiar, xa que conta cun picoproxector para poder ver os arquivos multimedia nunha parede ou pantalla de até 50 polgadas. Ademais, o Beam, ten pantalla de 4 polgadas e 800 x 480, 1 Ghz de procesador dobre núcleo e 8 GB de almacenaxe interno. A cámara é de 5 megapíxeles e sairá ao mercado con Android 2.3 Gingerbread (supomos que actualizábel).
Doutra banda, aparecería unha nota Tab de 10.1 polgadas que sería non a evolución da Tab 10.1 senón daquela 10.1N. Contaría con Ice Cream Sandwich xa desde o comezo, dobre cámara (VGA e 3 MP), 1 GB de RAM, procesador de dobre núcleo de 1 GHz e batería de 7000 mAh
Segundo vaiamos vendo todos estes produtos e probándoos falarémosvos deles no blogue. Lembrade que tamén podedes seguir a evolución en tempo real da feira a través do noso Twitter @mallandroid

Sobre o autor

Reply