Huawei comezou o seu evento lanzando unha pregunta ao aire: que queremos os usuarios? Velocidade, batería e usabilidade.
Desde logo, calquera dos 3 aspectos son fundamentais en calquera smartphone que se prece, pero se ben é certo non temos grandes avances nalgúns deles, como é o caso da batería, o gran cabalo de batalla dos teléfonos intelixentes, nomeadamente dos Android.
Desde Huawei, fabricante que desde hai algún tempo aposta polo sistema operativo de Google e que adoitamos vencellar a terminais de gama media, están dispostos a ir un paso máis e entrar de cheo na gama alta cunha serie de terminais que deron a coñecer esta pasada tarde.
A gama de terminais presentada, Ascend, inclúe 3 dispositivos: D Quad, D Quad XL e D1. Todos eles teñen como característica común a aposta pola potencia e o control da batería. Segundo apuntaron durante a presentación, como fabrican antenas de telefonía móbil saben como funcionan e adaptaron o funcionamento dos terminais ao das antenas. Dito así ten todo o sentido, o que non sabemos é se se tiraron un pouco da moto…
O Ascend D Quad dispón de procesador de 4 núcleos, cunha frecuencia que vai dos 1,2 aos 1,5 GHz. Conta con 8 GB de memoria interna e 1 GB de RAM. A súa pantalla é de 4,5 polgadas e dispón ademais de dobre cámara (8 MP a traseira e 1,3 MP a frontal) e batería de 1800 mAh.
Pola súa banda, o Quad XL diferénzase do Quad “a secas” na capacidade da súa batería, que sube até os 2500 mAh facendo que teña unha autonomía de 2-3 días. Non é gran cousa, pero desde logo é moito máis do que hai até o de agora no mercado. Iso si, ese aumento da capacidade tamén se traduce nun aumento do grosor, que pasa aos 10,9 mm fronte os 8,9. do Quad.
Finalemente, o Ascend D1 é unha versión máis light, conprocesador a 1,5 GHz, aínda que neste caso de 2 núcleos. Polo demais é practicamente igual: 1 GB de RAM, 8 GB de memoria interna, cámaras de 8 e 1,3 MP e batería de 1650 mAh
Todos eles contan con Ice Cream Sandwich e sistema de son Dolby 5.1. Ademais inclúen un sistema de cancelación de ruído mellorado. Neste sentido, non dubidaron en compararse co Galaxy Nexus ou co iPhone 4S.
Non puidemos tocalos e cacharrear con eles. Para iso achegarémonos ao stand nos vindeiros~días. Sabedes que teredes toda a información no blogue e, sobre todo, a través do Twitter, onde estamos a contar todo o MWC en directo.
4 núcleos con pantalla de 4,5′ e a batería dura 2-3 días?
Espero a velo para crer.
Pensaba que sairía o meu próximo terminal deste MWC, pero penso que non será así
Ola Anónimo,
perdoa que non teñamos respostado antes, pero con todo o tema do MWC pasóusenos totalmente.
O certo é que este ano o evento está sendo diferente: son os fabricamentes mías pequenos (Huawei, ZTE…) os que están a dar a nota con moitos terminais novos e de prestacións de gama media – alta.
Polo demais hai unha aposta clara polas tablets, sector en auxe.
De todos os xeitos permanece atento, porque aínda non falamos de todos os fabricantes e igual hai algo que che interesa.
Saúdos e graciñas