Un teléfono con picoproxector e a Note 10.1, as grandes novidades de Samsung no #mwc12

O certo é que Samsung non apostou moito por este Mobile World Congress e podemos dicir que a súa presenza foi moi discreta, aínda que non por iso menos importante. Lembremos que segue a ser líder indiscutíbel no panorama Android, non só en número de ventas senón tamén en innovación con produtos diferenciadores.

Dous deles son o Samsung Beam e a Galaxy Note de 10,1 polgadas dadas a coñecer neste MWC, sen evento publicitario de por medio.

O Samsung Beam é un terminal diferente porque conta cun picoproxector que permite compartir calquera cousa que esteamos a ver na pantalla. Non importa se é un filme ou se é o menú de aplicacións: o picoproxector incluído permite compartilo con nitidez nunha superficie de até 50 polgadas.

Conta ademais con dobre cámara (5 e 1,3 megapíxeles), pantalla de 4 polgadas, 6 GB de RAM e 8 GB de memoria interna e vén equipado con Android 2.3 Gingerbread.

Pola súa banda, a nova Galaxy Note conta con 10,1 polgadas, ao igual que a tablet de maior tamaño que ten agora Samsung no seu portfolio. Sen embargo apresúranse a indicar que se trata de liñas de produtos diferenciadas: dunha banda estarían os smartphones, doutra as tablets e nun terceiro lugar as Note’s. Por que? Pois porque contan con funcionalidades de ambas.

O tamaño é máis de tablet, pero contan con función teléfono. Desde logo a ninguén se lle ocorrirá arrimar a orella a un dispositivo de 10,1 polgadas. Está pensado para empregar ben cos cascos, ben cun dispositivo de mans libre Bluetooth. Ademais a Galaxy Note vén cun stylus que permite gran cantidade de funcións. Estivémola probando (noutra entrada posterior amosarémosvos vídeos) e o certo é que a pantalla resulta moi sensitiva á presión, polo que podemos facer un trazo máis ou menos groso segundo apretemos ou non.

Dispón ademais de funcionalidades que fan da Note un dispositivo moi interesante para tomar notas, debuxar, editar fotografías e outros temas de deseño, para os que conta con aplicacións específicas desenroladas pola propia Samsung.

Outros dispositivos.

Tamén  se deron a coñecer no Mobile World Congress os terminais resultantes da evolución de produtos que están a funcionar moi ben no mercado: o Galaxy Ace 2 e Galaxy Mini 2.

Así, o novo Galaxy Ace inclúe como novidades un mellorado procesador de dobre núcleo a 800 MHz, conectividade HSPA 14,4 e 4 GB de memoria interna. A súa batería tamén se ve incrementada até os 1500 mAh.
Lembremos que este terminal dispón de pantalla de 3,8 polgadas WVGA (480 x 800), Gingerbread (2.3) como sistema operativo, dobre cámara (a traseira de 5 MP)
Pola súa banda, o novo Mini tamén dispón de procesador de 800 MHz e 4 GB de memoria interna, aínda que a súa batería é algo inferior á do Ace, con 1300 mAh (malia que é mellorada fronte á versión anterior).
O Mini 2, ao igual ca o seu prececesor, ten unha pantalla de 3,27 polgadas HVGA (320 x 480), Gingerbread (2.39) e cámara principal de 3 megapíxelesq 
Verémolos no mercado español antes de que comece o verán

Nota do editor: como comentamos, esta é unha primeira información. Nos vindeiros días iremos ampliando toda a información con máis fotos e vídeos.

Sobre o autor

2 Comments

  1. charlielocke9 28 Febreiro, 2012 Responder
  2. Iago Varela Martínez 29 Febreiro, 2012 Responder

Reply