ZTE achega novos e mellores terminais ao #mwc12


Hoxe comezou oficialmente o Mobile Word Congress en Barcelona, algo que como sabedes non nos impediu traervos novas dende o sábado e as primeiras presentacións de produtos onte mesmo. Hoxe saltaba a esceao outra das marcas menos coñecidas en Europa que, ao igual que Huawei onte, busca atopar o seu oco no marco da telefonía mundial centrándose no ecosistema Android. Se ven onte Huawei saltaba a escea cun móbil de catro núcleos que parecía non ter rival o que vimos hoxe na presentación de novos productos de ZTE non tivo nada que ver, esta empresa pese a ser un dos sponsors da MWC saltou ao escenario dunha forma moi modesta e ofrecendo unha amplísima gama de produtos para todos os públicos, para todos os gustos, conectividades e incluso para algún sistema operativos máis aló de Android.

ZTE comezou facendo un rápido resumo a súa historia e ao que foi o último ano, algo que xa podemos considerar viaxe obrigado en todas as presentacións, pero que neste caso viu moi ben para saber máis desta compañía cunha gran influencia en Asia e tan pouco coñecida nestes lares, o certo é que leva un par de anos apostando forte por Android e aínda que para nós sexan uns desconocidos o número de terminais vendidos fala claramente dunha marca cun gran número de consumidores.
Pronto pasaron a falar do que máis nos interesaba, os novos productos para este ano, e temos que dicir que veñen cargados de novidades nas que non faltaron quad-cores, tanto en smartphones como en tablets, vexamos máis polo miúdo os máis importantes.

ZTE Era


O referente de ZTE para este ano no mundo dos smartphones. Un dispositivo moi fino con tan só 7,8 mm de ancho que conta coa máxima potencia grazas a un procesador Nvidia Tegra quad-core de 1,3 Ghz, un móbil á altura das espectativas e que ten como destino o mercado de alta gama, un sitio no que tanto ZTE como Huawei queren atopar un oco.
Ademais disto conta cunha pantalla capacitativa de 4,3 polgadas cunha resolución de 960×540 píxeles, cámara de 8 megapíxeles con autofocus e posibilidade de gravar en 1080p, cámara frontal, 8 Gb de capacidade interna e memoria Ram de 1 Gb. Un terminal bastante atractivo que chegará a nós nos próximos meses cun prezo aínda por definir.

ZTE PF112 HD

O outro gran terminal que conta cunhas especificacións moi semellantes ás do Era pero que se centra máis no entretemento multimedia, para isto este dispositivo conta cunha pantalla de 4,5 polgadas, algo máis grande que a do Era, e cunha resolución de pantalla de 1280×720 píxeles , acadando así a posibilidade de reproducir vídeo en alta definición.
O resto das especificacións son practicamente iguais ao Era, o que sitúa a ambos na cúspide da gama que ZTE nos trae no segmento de smartphones para este ano.

ZTE PF 100

ZTE tamén tivo o seu momento para falar do mundo das tablets onde presentou a T98 e a PF 100 cuxa principal diferencia é o tamaño da pantalla, contando con 7,7 píxeles no primeiro e 10.1 no segundo e do que falaremos brevemente, aínda que como vos comento gardan un gran número de similitudes.
A PF 100 conta cun procesador NVIDIA Tegra T30S 1.5Ghz quad-core , 1Gb de Ram e 16Gb  de almacenamento interno, unha cámara traseira de 5 megapíxeles e unha dianteira de 2, todo esto ben aderezado baixo Ice Cream Sandwich. De novo podemos ver como as especificacións das que estamos falando son competitivas e aínda que non poidan loitar cos grandes deste mercado si que poden dar moita loita e supoñer unha alternativa moi interesante.

A partes das presentacións tamén se falou da personalización que ZTE ofrece nos seus terminais Android,  Mifavor, que pese a contar cun nome non moi afortunado segue unha liña moi interesante, deixamosvos un vídeo baixo estas liñas coas pricipais novidades desta interface.




Por último e a título anecdótico comentar que ZTE tamén comercializará este anos dentro do seu portfolio en españa un móbil cuxo nome é Mimosa X, tal como soa e se le. Tras ver o nome da personalización que aplican e o deste móbil pode que sexa o momento de preguntarlle a ZTE en que pensa ou en que se inspira para poñer estes nomes tan sospeitosos.

Sobre o autor

Reply