Dispoñible a aplicación oficial de Pepephone

Aínda que xa vos faláramos de Pepesaldo para levar o control de gastos dun número de Pepephone se cadra desta vez xa temos dispoñible a tan esperada aplicación oficial.

A app de Pepephone permítenos o acceso seguro a zona de clientes por medio do noso usuario e para cada unha das liñas contratadas.
No menú principal temos os seguintes apartados:
  • Acceso ao consumo. Disporemos de todos os detalles tanto das nosas chamadas (contacto, hora, duración, custo), coma dos megas consumidos no caso de dispor tarifa de datos. Todo isto acompañado duns gráficos que fan máis visual o xeito de ver o consumo segundo o día do mes.
  • Meus datos, permítenos unha Visualización dos datos asociados a cada liña (titular, alias da liña, tarifa contratada, conta bancaria).
  • Programa habla e voa, no que poderemos ver o saldo acumulado para voar con Air Europa.
  • En News teremos un apartado no que poderemos ver as entradas do blog de pepephone.
  • Atención ao cliente: aquí disporemos tanto dos teléfonos de atención como os enlaces a correo, facebook e twitter de pepephone.
Pódese destacar a función de elexir ver o consumo de meses anteriores aínda que se hai algo que se bota de menos é a descarga de facturas, algo que si podemos facer coa app Pepesaldo. Aínda así lembramos que a aplicación é unha versión beta polo que cabe esperar próximas actualizacións.
A app de Pepephone está de maneira gratuita no Market para Android 2.1 ou superior.

Sobre o autor

Reply