Antena 3 lanza ANT3.0, unha aplicación de televisión interactiva

Hoxe en día é habitual que esteamos vendo a tele co móbil na man, comentando por Twitter o que acontece nun determinado programa e vendo o que outros usuarios comentan ao tempo.

A xente de Antena 3 pensou que podería ser unha boa idea lanzar unha aplicación adaptada á interactividade, así que veñen de presentar unha ferramenta diferente ás das outras canles, que adoitan estar pensadas para acceder a contidos de TV desde o móbil.

Así, ANT3.0 é unha aplicación que ten contido interactivo só durante a emisión de certos programas ou publicidade (amósase unha icona en pantalla cando sexa). Hai que iniciala unha vez que haxa contido interactivo, porque se non a aplicación estará baleira, e unha vez feito iso poderemos disfrutar do que nese momento se ofreza, que irá variando segundo a emisión.

A aplicación está dispoñíbel no Android Market para versións 2.1 ou superior.

Sobre o autor

Reply