O pasado 3 de Febreiro lanzouse no Android Market myScreenplays, unha aplicación para escribir guións cinematográficos empregando o teu móbil ou tablet Android.
- Formateado automático do guión (tabulacións, maiúsculas, parénteses, encabezamentos, transicións, portada automática)
- Edición non liñal. De xeito similar aos programas de edición de vídeo, myScreenplays permite crear, recolocar, duplicar e mover calquera elemento do guión en calquera outro lugar (secuencias, diálogos accións…). Para iso dispón dun “clipboard” avanzado e un sistema de “drag’n drop” para recolocar os elementos facilmente.
- Tecnoloxía na nube: Usando Google Docs podemos exportar o noso traballo e compartilo entre todos os dispositivos e usuarios que queiramos.
- Soporte para escaletas. Empregando un sinxelo formulario en liña podemos introducir a nosa escaleta. A continuación o programa creará un guion automáticamente seguindo a escaleta. Ademais inclúe un editor para escaletas.
- Productividade: autocompletado (para que só haxa que escribir un nome, localización ou acotación unha soa vez), autocompletado intelixente (para dialogar unha secuencia automaticamente predicindo o seguinte falente), entrada de voz (por se queremos ditar o guión), previsualización en tempo real (permite editar directamente na previsualización) e estatísticas (nº de secuencias, nº de personanes, nº de páxinas…).
- Exportado: myScreenplays permite exportar en html (cun CSS integrado para a súa impresión en formato estándar de guión), pdf (require conexión a Internet), doc (para editar en calquera procesador de texto) ou LaTeX (uso de paquetes estándar de LaTeX para ser facilmente compilado). Está previsto que próximamente acepte importar/exportar formatos de outros programas. Celtx e Final Draft.
- Multilingua: o programa ten a interface en inglés e castelán, e permite cabeceiras en italiano, alemán, francés e portugués/galego.